Swipe-Up Trío

O novo proxecto musical no que Marián se rodea de Antón Torroncho e Carlos Gil dando vida a un formato innovador en clave de jazz, que abrirá o Festival das Carrilanas. Unha aposta por un proxecto que reflicte as inquietudes musicais de Marián nesta nova etapa na que deixa atrás a RoseMary e camiña con paso firme cara un futuro de inspiración baseada na muller que é.