Los Rastreadores

Poucos teñen menos que ver, musicalmente falando, que Ortiga e Grande Amore. Pero á vez, poucos comparten entre sí unha visión tan estreita das cousas que lle gusta da música coma eles dous. É algo difícil de explicar pero, cando pasa, nótase perfectamente, e “Los Rastreadores” é a proba perfecta.

Un insólito EP que nace froito da aparentemente improbable unión de un tipo de Fontiñas (Santiago de Compostela) que se flipa con MC Picachu e Estopa, e outro de Frexulfe (Lugo) que están sempre con Suicide e Extremoduro metidos na cabeza. O resultado é todo o pop e todo o punk que podería ser.