Lisdexia

Unha banda de moita xuventude que xorde unha vez máis da factoría Nasmo e que mantén un gran vínculo co Festival das Carrilanas, teloneando por exemplo a Novedades Carminha na edición de 2019.

O seu último traballo “Domingo de resurrección” reflicte a inclusión de novos sons nas súas composicións de punk rock coas que aterrarán no festival esteirán logo do parón provocado pola pandemia.