Deleiba

Deleiba nace en Boavista (Muros) no verán de 2017. Supuxo a reunión de músicos que proviñan de outras bandas nun proxecto no que converxen distintas tradicións musicais e varias xeracións de artistas.

Deleiba é sinónimo de emoción en directo, destacando o protagonismo das guitarras e a actitude do seu vocalista que, xunto a unha contundente base rítmica, preséntase como unha aposta seguro para o Festival das Carrilanas.

O seu último traballo “Erguerse” acompañado dun espectacular videoclip con estética moi coidada, consolida o camiño da banda cara un futuro prometedor. Un tema cargado de mensaxe cunha profunda carga de optimismo e superación, que levará á banda aos mellores festivais do país.