Capital Voskov

Unha nova proposta local que reformula a súa antiga formación “Maestro” e que pretende introducir novos sons e novas composicións a un estilo pop-rock con influencias do indie. Unha aposta polo talento local que nos brindará un directo moi coidado e singular que aposta polo fusión da música rock con detalles das bases electrónicas.

A banda publicará nos vindeiros días o seu novo traballo “Farsa” que presentará en primicia no seu directo da sesión de mediodía no Festival das Carrilanas.