APART

Banda formada en 2013 en Carballo formada con Inés Blanco como vocalista acompañada por Robin, Daniel, Fernando, Iago e Pedro, todos carballeses. Despois da publicación en 2014 do EP “Waitting So Long”, o confinamento permitiulles afondar nestes novos temas indie rock dándolle un aire máis moderno aos sons dos 70.

Co lanzamento do seu novo proxecto en 2021 “We Want It All” pretenden poñer en valor todo o que os une, incluso cando as circunstancias os manteén separados.