Saúdo do presidente

Cando asumín a presidencia da ADC Esteirana de Carrilanas, tiña a ilusión de recuperar unha festa que ao meu parecer se atopaba moi lexos da súa mellor versión.
Un evento que atrae a Esteiro milleiros de visitantes que atopan na nosa vila unha festa única e inimitable.
A día de hoxe, podo dicir que esta ilusión se atopa tremendamente renovada, rodeado dun equipo pequeno, un equipo unido e de confianza, profesional e ambicioso, co que traballarei codo con codo ata sitúar O Gran Prix de Carrilanas no sitio donde entendo que debe estar.

Traballamos arreo para presentarvos un GRAN PREMIO DE CARRILANAS ESTEIRO  que espermos agrade as vosas expectativas e as nosas propias. Afrontamos este ano co gran reto de levar a nosa festa cara a declaración de Festa de Interese Turístico Nacional. Precisamos ser moitos para percorrer este camiño, por eso vos invito a que nos acompañedes da man cara o noso próximo destino.

Gustaríame agradecer a todas as persoas que colaboraron para facer posible esta edición das Carrilanas de Esteiro, poñendo especial énfase no pequeno comercio e na hostelería esteirán que ano a ano incrementan a súa colaboración dando forma á esta espectacular revista.

Agradecer tamén como non podía ser doutro xeito ao nosos patrocinadores, o seu compromiso coa nosa festa e aproveito para decirlles que espero nos acompañen da man por moitos anos máis neste camiño cara o Interese Turístico Nacional.

Moitas gracias ao Concello de Muros, Comunidade de Montes de Esteiro e demais organismos que fan posible acadar o presuposto que nos permita afrontar con garantías o desenvolvemento dun evento deste calibre.

Desexo que pasedes unha gran fin de semana de festa rodeado dos vosos familiares e amigos, e disfrutedes con todo ele das nosas carrilanas un ano máis e por moitos anos en Esteiro. Xa para despedirme, grazas a todas as persoas que nos apoiades dun xeito ou doutro, toda colaboración é ben recibida. Como non podía ser doutro xeito, o meu maís sentido agradecemento persoal, vai para todos os meus compañeiros que na sombra traballan e moitas veces non saen nas fotos, que me apoian e me animan para que todos poidamos disfrutar dunha festa que nos devolve a ilusión perdida ano tras ano.

Unha aperta e vémonos nas cunetas.
David Fernández
(Presidente ADC Esteirana de Carrilanas)