Voluntarios2019-01-29T20:57:39+00:00

Voluntariado

Información de seguridade

Voluntarios

Ao fronte desta organización atopámonos un grupo de xóvenes amigos e amigas cheos de ilusión e sabedores de que do noso traballo dependerá o éxito do GRAN PRIX DE CARRILANAS. Tratando de aprender de erros cometidos, afrontamos un ano máis o reto de mellorar a nosa festa. Pouco a pouco tentamos involucrar á máis xente: veciños, patrocinadores, institucións… pois somos conscientes de que sin apoios tanto de colaboración como ecómicos a festa sería imposible de levarse a cabo.

Por este motivo desexamos plantexarlles a idea de que formen parte das Carrilanas de Esteiro, un evento único no mundo, que nos distingue, donde conviven maiores e nenos, homes e mulleres; unindo como ninguén fixo nunca tradición e velocidade nuha festa. Unha festa que desexamos tomen como súa e nos axuden a facer das Carrilanas de Esteiro unha mostra da identidade galega máis enxebre e tradicional.

Calquera colaboración aportada sería de grande axuda. Aportación ecómica e publicidade sería o máis desexado aínda que estamos abertos a calquer tipo de proposta.

Uso de cookies. Este sitio web usa cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando dará o seu consentimento para a aceptación e uso das mencionadas cookies. Aceptar