Normativa

Normativa de fabricación e participación

Normativa

Coa seguinte normativa pretendemos matizar os aspectos constructivos das carrilanas que desexen participar no Gran Premio de Carrilanas de Esteiro.
Dende a organización aconsellamos a todos aqueles que desexen construír unha carrilana que ante calquer dúbida se poñan en contacto con nós a través da dirección de correo electrónico info@carrilanasesteiro.com, co fin de manter o espírito da competición.

A organización resérvase o dereito a descalificar a calquera carrilana que non cumpra cos requisitos recollidos nesta normativa así como a tomar as medidas necesarias no caso de que se poña en perigo a seguridade dos demais participantes ou do público.

Os catro primeiros pilotos clasificados da carreira das rápidas, estarán obrigados a desmontar unha roda traseira e unha roda dianteira no lugar habilitado para tal fin pola organización inmediatamente despois de retamar a proba. No caso de non facerse, procederase a exclusión da proba.

1. Rodas
2. Tablón
3. Travesaño Eixe
4. Soporte Eixe

1. RODAS
Serán de madeira, sen rodamentos, recubertas de goma sen aire. Diámetro máximo de 450 mm (incluído o recubrimento de goma da roda).

2. TABLÓN
Será de madeira, non se permitirá chasis metálico recuberto de madeira
Medidas máximas

3. TRAVESAÑO EIXE
Será de madeira, non se permitirán perfiles metálicos na peza de maior lonxitude.

4. SOPORTE DE EIXE
Recoméndase fabricación en madeira aínda que tamén se permitirán outras solución que garanticen o xiro roda-eixe entre dúas superficies de madeira. Permitirase a utilización de casquillos de madeira sempre que estén perfectamente anclados e non exista deslizamento sobre unha superficie metálica.

5. ENGRASE
Para a lubricación das superficies eixe-roda, estará totalmente prohibido o uso de aceites ou outras sustancias líquidas. Permitirase o emprego de grasa consistente ou similar, recomendando o uso de bombas manuais.

-Será OBRIGATORIO que cada piloto expoña a súa carrilana na Alameda de Esteiro o Sábado e o Domingo a partires das 12:00h ata as 15:00h. Deste xeito verificaremos que cada carrilana cumpra as normas de construcción e seguridade polo que a carrilana que non se presente a exposición non poderá participar. Durante a exposición do Sábado, realizarase o reparto de dorsais e verificación de carrilanas.
-Todos os pilotos deberán presentar o D.N.I. ORIXINAL e no caso dos menores de 18 anos, deberán asinar unha autorización paterna ou do titor legar presentando este tamén o seu D.N.I. Os pilotos menores de 18 anos non poderán participar na categoría “Rápidas”.
-Será OBRIGATORIO O USO DO CASCO para TODOS os pilotos. Os pilotos das Carrilanas de competición deberán empregar casco integral con suxección e non se lles permitirá baixar con ningunha prenda de manga corta. Ademáis, nesta categoría será obrigatorio o uso de peto de protección (estilo motocross) recomendable tamén nas demais categorías. Recoméndase tamén o uso de proteccións tales como guantes, rodilleiras, codeiras…
-Na categoría das rápidas participarán as carrilanas clasificadas cos 20 mellores tempos da Pole Position.
-Na Pole Position ambos pilotos poderán empurrar na saída. O día da carreira tan só poderá empurrar o copiloto, permanecendo o piloto sentado.
-Os dorsais deberán estar visibibles na parte dianteira e traseira da carrilana.
-Os participantes que non cumpran estas normas, quedarán excluídos da proba e tomaranse as medidas legais oportunas no caso de que se poña en risco a seguridade dos demais participantes ou do público.

Descargar normativa