Museo2019-01-30T19:38:56+00:00

Museo

Museo das carrilanas

Museo

Foi para todos nós unha enorme alegría cando no ano 2012, con motivo do XXV aniversario do Gran Prix das Carrilanas de Esteiro, puidemos inaugurar a Casa das Carrilanas. Un traballo con moitos obreiros que nos permite a día de hoxe gozar dun local en condicións donde amosar as nosas carrilanas e reunirnos para traballar na organización do gran prix.

Foi un choio humilde. Comezou co enorme e inesquecible xesto de Ramiro García Núñez “Gerente”, de ceder as súas instalacións para crear a nosa sede social e ademáis manter unha exposición permanente de carrilanas durante todo o ano.

Plantexámoslles a idea de rehabilitar este baixo no concello e aceptaron de moi bo gusto. Botáronnos a man que sería decisiva para levar a cabo o proxecto. É de ben nacidos ser agradecidos, polo que nestas liñas desexamos agradecer a aportación económica que fixo o concello de Muros para poder comprar o material. Grazas a Sra. Caridad González Cerviño, alcaldesa de Muros naquela época e especialmente a Manuel Freire Eiras, daquela concelleiro de obras. Foi a súa implicación, a de “Bertulo”, indispensable para poder ter hoxe en día a casa das carrilanas, por todo isto moitas grazas amigo e esperamos que nos sigas acompañando como un carrilaneiro máis.

Un agradecemento extensivo a todos os compañeiros que daquela empregaron as súas horas libres en darlle unha boa man de pintura a estas paredes. Paredes que hoxe lucen a nosa historia en fotos e recortes de xornal que nos amosan como pasaron os anos dende aquel primeiro Gran Prix de 1988 ata os días de hoxe. Grazas tamén aos empregados do concello que nos instalararón a iluminación do baixo e a Cachiño que nos puxo a porta.

Fixemos do traballo de todos, das aportacións duns e doutros, un traballo humilde e que nos permite ter un sitio único no mundo, pois non atoparedes nigún “museo” semellante. Todos aqueles que vos cheguedes a Esteiro, non dubidedes en visitar a Casa das Carrilanas seredes recibidos coma na casa.

Resultaravos moi doado atopar o noso local, na ribeira de Solleiros, ao pasar a ponte, un local de fachada de vermella presidida polo cartel do “Jato Nejro” que nun xesto que non olvidaremos, Santi “O Choqueiro”, nos regalou para que o “Jato” se fixese máis pequeno deixando sitio ao escudo esteirán arroupado por bandeiras a cadros. Alí tedes a casa de todos os carrilaneiros, polo que si tedes algún obxecto que desexedes forme parte deste local histórico, non dubidedes en achegárnolo, estaremos moi agradecidos e facer medrar máis e máis a historia que na Casa das Carrilanas conservamos.

ARTE SOBRE RODAS AS CARRILANAS

Na casa das carrilanas poderedes atopar Carrilanas únicas no mundo, pode ser e soar pretenciosa esta afirmación, pero nada máis lexos da realidade. Podemos dicir con orgullo, que na sede das Carrilanas de Esteiro, atoparedes os bólidos de madeira máis espectaculares do mundo. Carrilanas únicas, cada unha delas diferente as demais, pero todas “fillas” do mesmo pai.

Foron as mans de “Gerente” as que deron vida as carrilanas de Esteiro máis fermosas e famosas, fiel reflexo da cultura esteirán, que recollen anécdotas e historias dende o ano 1988. O “vello” Gerente, desbordante en xuventude, fixo un traballo que valoraremos co tempo, pois son para nós as carrilanas algo que vivimos de preto, de xeito cotiá pero que para alguén que non coñece coa mesma cercanía, ven como o que realmente é, unha obra espectacular irrepetible e inimitable.

Por moitos anos máis camiñaremos os novos da man do noso “vello” amigo “Gerente”, nun camiño que levamos xa uns aniños percorrendo xuntos cheo de grandes momentos para o recordo cos que aprendemos a disfrutar como el o fai da festa das carrilanas.

Dixo “Gerente” nunha entrevista con Alfonso Tellado na TVG “Eu xerentar nunca xerentei nada”, trabúcaste “vello” amigo, para nós xeras sempre o xerente desta institución.

Uso de cookies. Este sitio web usa cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando dará o seu consentimento para a aceptación e uso das mencionadas cookies. Aceptar