Festival das Carrilanas KMO

O Festival das carrilanas volve a actividade tralo parón do provocado pola crise do coronavirus programando artistas locais. O festival comenzará este domingo, 9 de Agosto no Curro da Praza en Muros coa artista local Sokie.

A ADC Esteirana de Carrilanas, volve a súa actividade cultural tras dous meses de parón provodado pola crise do Covid-19. Faino cun novo formato “Festival das Carrilanas km0”, un novo formato que, nun comezo, terá 9 concertos en directo programados ao longo de todo concello e que se desenvolverán durante o mes de agosto e septembro (desde o domingo 9 -con Sokie-, ata o 4 de septembro, que será a data coa que Terbutalina porá o broche de ouro). A ADC Esteirana de Carrilanas concibeu este novo formato para darlle continuidade aos artistas locais ademáis de achegar a cultura musical a todo concello.

O Festival das Carrilanas km0 contará ademáis coas actuacións de Deleiba, Mon e Ula, Lisdesia, Sonophobia, Maestro, The Rapants e Archivo Adxunto. Todos os concertos serán #DeBalde cun aforo moi limitado en cadeiras. Ademáis a organización extremará as medidas sanitarias polo que será obrigatorio o uso da máscara ademais de dotar ao recinto de controles de acceso.

O acceso ao recinto farase por reserva previa ata unhas horas antes do comezo do concerto, o público poderá conseguir o seu abono totalmente #DeBalde (a través da páxina www.eventbrite.com), no caso de que non se complete a reserva previa, as cadeiras que queden libres estarán a disposición do público por orde de chegada.

O obxetivo do programa é,  «darlle continuidade e promocionar aos músicos da Sala Nasmo e ao resto de grupos locais». É por eso que o km0 (como o seu nome indica), enfócase soamente nos músicos locais que coas cancelacións de festivales teñen moi dificil a súa volta ao traballo.

Toda programación do km0 creouse coa colaboración da Sala Nasmo e das bandas que dunha maniera ou de outra están vencelladas ao Concello de Muros as que lles estamos profundamente agradecidos.

Sexamos prudentes e gozemos da cultura

CartelKM0