Cartel 2020

Once bandas. Tres días. Dous escenarios. Todo de balde.
Unha ducia de bandas pasaran ao longo de tres días polos dous escenarios que a XXXIII Edición das Carrilanas celebrará os vindeiros 17, 18 e 19 de xullo en Esteiro, unha cita na que o acento galego volve a ser o protagonista da festa.
Nomes que non precisan presentación, como Xoel López ou Ses, serán os cabezas de cartel dun festival 100% galego e cunha forte presenza feminina sobre o escenario. A banda da loba, Sokie, Familia Camagno, Ortiga, Delieba, Terbutalina, The Rapants, Ula e Mon e Pablo Balseiro completan o cartel.

2020-03-20T11:45:03+02:00