Xoel López

Un dos artistas galegos máis representativos e influíntes a nivel nacional.

Aínda que sempre se moveu entre os sons do pop-rock alternativo e o folk clásico, el defínese como un artista libre e así o demostra. Un músico de enorme talento e polivalencia, tremendamente consolidado, que virá ao #FestivalDasCarrilanas acompañado por toda a súa banda.

Todo un privilexio para o pobo de Esteiro e os visitantes que decidan asistir #DeBalde a un concerto que quedará para o recordo.