The Rapants

Directamente desde a factoría da @salanasmo, surfeando de #Montelouro ata #Parameán.

Despois de un 2019 espectacular no que levaron o seu “Andas por el” polos mellores festivais de Galicia, trocarán a primeira fila do recinto do #Artón polo escenario do #FestivalDasCarrilanas.

Unha banda local que amosa o gran momento musical que vive a comarca. O seu novo traballo “Cariña de Raposo”, garantízanos unha auténtica #RapantsParty.