INFORMACIÓN IMPORTATE PARA O FESTIVAL

Na seguinte ligazón poderá aceder directamente á ubicación do Festival a través do Google Maps.

https://goo.gl/maps/Gbms3iHTgUofJ6T18

O acceso ao festival é totalmente #DeBalde polo tanto non é preciso mercar ningún tipo de entrada.
Poderán acceder ao recinto todas as persoas que así o desexen ata completar aforo.

Para mercar bebida será preciso mercar tickets nas casetas de cambio.
Dentro do recinto do festival teremos dúas casetas onde poderá mercar os tickets que serán válidos soamente dentro do recinto festival.

No seguinte plano do recinto do festival poderá ubicarse fácilmente.

Sí, os tickets serán válidos para ámbolos días do festival.

Non, os tickets soamente serán válidos dentro do recinto do festival.

Disporemos de tres zonas habilitadas para o público que desexe acampar no Festival das Carrilanas:

Zona 1: Parque de Caldeiradas (Anexo ao recinto do festival)
Zona 2: Pavillón Xosé Lago.
Zona 3: Anexo ao campo de fútbol da Esteirana

Non está permitida a acampada fora das zonas habilitadas.

Plano de espazos

Plano de Espazos

O servizo de acampada é totalmente #DeBalde

Sí, diporemos de servizos de auga quente tanto no pavillón polideportivo Xosé Lago como no campo de fútbol da Salina:

Horarios de duchas:
1. Pavillón polideportivo: 24h
2. Campo de fútbol da Salina: 11h a 13h e de 20h a 22h

Non dispoñemos do servizo de reservas para as zonas de acampada.
Poderá acampar en calquera das tres zonas totalmente #DeBalde.

Recomendámoslle crema de protección solar, batería externa para os móviles e roupa de abrigo no caso de acampar nas zonas habilitadas.
Se vai acampar na Zona 1 anexa ao recinto do festival é recomendable uns tapóns auditivos.
O festival está anexo a praia de Perameán, polo se así o desexa poderá vir con roupa de praia para gozar dún baño repoñedor.

2019-07-16T13:41:04+02:00