Novedades Carminha & Festival das Carrilanas

Novedades Carminha

Novedades Carminha foi unha das primeiras grandes confirmacións para esta edición do Festival das Carrilanas, banda formada a medio camiño entre Madrid e Santiago de Compostela polo ano 2007, farán aterrar  o seu último traballo “Ultraligero” en Esteiro.

Influenciados pola música punk e garage rock dos anos 80, centraránse na elaboración de melodías atractivas nas que o sentido do humor é o protagonista.

No 2009 lanzan o seu primeiro traballo “Te vas con cualquiera”, no que incluen temas da súa primeira maqueta como “Dame de beber”. O 2010, convírtese nun ano intenso para Novedades Carminha, e lanzan o EP  “Sinceramente Carminha” chegando a preparar unha xira europea. O seu seguinte traballo, “Jódete y Baila” sae á luz en abril de 2011, incorporando ritmos maís garage e bailóns.

En 2014  publican “Juventud Infinita”. A banda medra considerablemente e xiran por todo o país en multitude de festivais. No 2016 chegará “Campeones del Mundo” o seu cuarto traballo, formado por temas propios e unha versión da cumbia peruana Cariñito, de Los Hijos del Sol.  Un sonido máis sexi e fresco que intenta recuperar o espírito dos discos feitos para bailar en clubes.

Continúan acercándose a novos sons, explorando e enriquecendo con novos matices a súa música. Coa filosofía de integrar os ritmos tropicais e dun groove funk que conecta cos grandes do funk africano, chegan en 2017 os singles “Te Quiero Igual” “EL Vivo al Baile”.

Será no 2018 cando se acerquen a un dos grandes clásicos da música galega, “A Santiago voy” dos Tamara.

“Ultraligero”  é o nome do seu último traballo que sae a luz neste 2019. Novos ritmos, novos sons e unha declaración de intencións, convertir cada concerto nunha auténtica verbena na que non se permite parar de bailar.

Será o vindeiro xullo cando  Carlangas, Jarri, Xavi G. Pereiro e Anxo, descendan co seu”Ultraligero” dende Compostela, para poñer patas arriba o Festival das Carrilanas.

Novedades Carminha estase a convertir nunha das bandas máis importantes do país

O 9 de Marzo, presentaron o seu último traballo na Sala Capitol de Santiago de Compostela. Un directo espectacular, que fixo tremer unha sala que colgou o “non hai billetes” reafirmando as espectativas xeradas arredor deste “Ultraligero”.

O Festival das Carrilanas será unha das súas poucas actuacións por Galicia neste verán, a cal poderedes disfrutar #DeBalde.

“La gente a veces conoce el grupo, pero no el corazón de los integrantes”

DAVID BRONCANO . PRESENTADOR
2019-03-23T21:10:30+02:00