Dakidarría e Itaca Band, dúas bandas e un estilo de facer música

Dakidarría e Itaca Band, dúas bandas e un estilo de facer música

O grupo de Valmiñor, xa é un vello coñecido do festival de Esteiro, foi un dos grupos que mellor sabor de boca deixou na edición do ano 2017. Esta vez, voltarán a subirse ao escenario coa súa “Filosofía Incendiaria”, nome que recibe a súa actual xira, con colaboracións tan importantes como La Raíz ou Ganjarh Family.

Filosofía Incendiaria, representa un grito cheo de rabia e indignación coas inxustizas, a través dunhas letras comprometidas, pero sobre todo é un berro de liberdade a terra de Breogán.

Tras quince anos enriba dos escenarios, Dakidarría está consolodada a día de hoxe, como nunha das bandas máis importantes do país. Fusión de estilos como o ska, reggae, punk-rock, ritmos urbanos e apostando pola música enerxética que non deixan indiferente a ninguén.

De seguro que voltarán a “incendiar” o escenario principal do Festival das Carrilanas.

Dúas bandas, un estilo único

Desde Montcada i Reixat chega unha das bandas máis queridas en Cataluña “Itaca Band”, un grupo desenfadado e pegadizo, con ritmos Ska, Reggae e Punk.

O seu último traballo “Explosiva”, é unha historia de amor e guerra. Temas tan festivaleiros como “A vida explosiva” ou “A Vivirlo”, marcan a experiencia dunha carreira continuísta e marcada polo bo facer musical. O disco Explosiva, conta con colaboracións de bandas tan importantes a nivel nacional como La M.O.D.A. ou La Raíz, así como varios temas cantados no seu idioma natal.

A día de hoxe estanse a convertir nunha das bandas máis importantes de Cataluña. Orgullosos de pertencer  á clase traballadora e cunha lexión de incondicinais, Itaca Band é desas poucas bandas que conectan rápidamente co público.

Incansables enriba do escenario e con moitas ganas de festa chegan a Esteiro para poñelo patas arriba.

2019-03-15T13:05:06+02:00