Monoulious Dop, con eles comezou todo.

Unha banda cunha mistura de procedencias, con base en Noia, e casa en Esteiro.

Foron eles os primeiros que aceptaron actuar no Festival das Carrilanas, alá polo ano 2016, cando non tiñamos un escenario grande, nin moitas caixas por lado, senón que tiñamos unha idea de crear algo importante. Grazas amigos, grazas Monoulious Dop, por confiar en nós daquela. Agora tócanos a nós.

Mounoulious Dop, diversión garantizada.

Un directo impecable, con letras pegadizas e divertidas, nun “jallejo” puramente esteirán, principais características deste grupo de amigos que prometen un concerto no que eles serán os primeiros en divertirse e buscar esa conexión co público.

Auténticos fenómenos nas redes sociais cos seus videos, leváronos a ser imaxe da Deputación de A Coruña nas súas campañas en prol do uso do galego na música, e a ser a banda oficial do coñecido programa da TVG “Land Rober”.

Con eles chegará a Esteiro o “LP Padre”, o seu último traballo, que non deixará a ninguén indeferente. O seu bo facer, a súa calidade musical e o seu carácter, fan que sexan a banda ideal para o festival carrilaneiro.

“Non veñades ao noso concerto, vai estar petado”

ULA E MON (Monoulious Dop)
2019-03-15T13:15:33+02:00