De Vacas, marcando a diferencia.

As versións máis singulares, un concerto ideal para toda a familia.

Singularidade, talento e frescura son os principais rasgos desta agrupación. Un concerto para toda a familia que encaixa á perfección coa esencia carrilaneira.

Voltarán  a arrasar nos concertos de día do Festival das Carrilanas.

Mistura de voces e guitarra, harmonías que estimulan os sentidos. Enchen prazas e teatros cunha paixón que contaxia.

Están felices de atoparse hoxe aquí e non lles preguntes máis por qué.

Cantan en tódolos idiomas e inventan outros, todo xa non é abondo. Reivindican o guachinein, esa lingua minorizada. Aman aos nosos poetas e a Enrique Igrexas.

Ai! Como soñan! Pero… que máis da? Sabes que o teu corazón con elas faiche bam! bam!

Ansia de xuventude e fusión internacional.

A vida ao seu lado toda é un carnival.

Vente ti tamén!

2019-04-01T19:24:52+02:00