Lisdexia, unha aposta polas bandas locais.

Dende Muros, chega Lisdexia.

Lisdexia, talento e xuventude.

Dende a ADC Esteirana de Carrilanas, entendemos como prioridade contar coas bandas locais emerxentes para darlles a oportunidade de  poñer en valor o seu talento e bo facer, nas mellores condicións ténicas e humanas das que dispoñemos.

É por isto que neste 2019, sumaranse aos Terbutalina e Monoulious Dop, os xovencísimos rapaces de Lisdexia. Dende Muros, con letras con grandes críticas sociais, que reflexan a súa forma de entender a música e tamén a súa vida cotiá.

Trátase dunha banda que presenta un quinteto punk-rock clásico. Fran (Voz), Javi (Guitarra), Fran (Guitarra), Jalp (Baixo) e Chema (Batería). Con formación e vocación músical dende cativos, nativos da sala Nasmo, presentarán en Esteiro o seu novo traballo. No ano 2018, resutlaron gañadores do concurso de bandas do Rockin´ Vila, o que lles permitiu poder actúar no escenario principal do festival e amosar a todo o público o seu traballo “Chejar e Encher”.

O 2019, depáralles un futuro ilusionante no que esperamos ser parte activa e potenciar todo o posible a xira Paquí Pallá Tour.

“No 2015 xuntámonos en serio, e ao noso batería saleulle unha pequena lisdexia, e dixemos…perro nombre, e así quedou”

FRAN (LISDEXIA)
2019-03-15T13:16:06+02:00