Blues do País + Sindicato da Verbena

Un blues puramente galego.

Neste festival das Carrilanas, o clásico dueto Blues do País, traerá reforzos. Nun formato banda, contarán co Sindicato da Verbena, nun concerto de día para toda a familia.

Festa garantizada, ao máis puro estilo verbena.

Os concertos de Blues do País son apoteósicos e impredicibles, cheos de enerxía e retranca.

Pero aínda hai máis: Blues do País … con banda! A súa banda chámase o Sindicato da Verbena. Tres sindicalistas que os acompañan : Manu Alonso no baixo (Trioceros, Mercedes Peón), Martiño Mato no saxo (Tres Trebóns, Magnifi-que Bande dos Homes sen Medo, A Máquina de Mallar … ) e Gustavo Agassi (Sacha na Horta, Fes-ticultores Troupe, Brinkadelia). Se alguén se preguntaba se un dúo coma Blues do País se quedaba curto para escenarios máis grandes, aquí está a resposta : Blues do País + o Sindicato da Verbena! Toda a enerxía de Blues do País multiplicada por cinco e elevada a onde a Diva nos queira levar. Blues é espectáculo a partes iguais que non deixarán indiferente a ninguén.

2019-03-15T13:13:17+02:00