Moito máis que un festival

Música sobre rodas.

A música en directo, o talento dos principais artistas e bandas do país, complementan a oferta cultural programada pola ADC Esteirana de Carrilanas. Unha fin de semana na que gozar en Esteiro, dos mellores directos nun entorno de película e totalmente #DeBalde.

Unha zona de acampada gratuita ao aire libre, anexa ao festival e á praia de Parameán, principal areal de Esteiro, zonas de restauración, actividades paralelas, espazo infantil, exposicións, obradoiros…

Trátase dun evento dirixido a todos os públicos, do cal pódese disfrutar en familia e cunha ampla programación cultural moi diversa, que nos permita traspasar as fronteiras dun simple festival de música.

Un evento que permite que se acheguen a unha vila de 2.800 habitantes como Esteiro,  máis de 15.000 persoas durante a terceira fin de semana de xullo.

Entrada #DeBalde, recinto cerrado e controlado.

Pola seguridade e o control do evento, o Festival das Carrilanas desenvolve a súa actividade nun recinto delimitado e con control de acceso mediante seguridade privada. Resultará de vital importancia, para o bo funcionamento do festival, que se respeten as normas de acceso e se sigan as indicacións do persoal de seguridade.

Non se permitirá o acceso con bebidas ou comida ao recinto.

“O Festival das Carrilanas pretende facer accesible a cultura ao maior número de persoas posible #DeBalde”

DAVID FERNÁNDEZ (Presidente da ADC Esteirana de Carrilanas)
2019-03-15T13:11:56+02:00