Loading...
Inicio2019-07-16T13:42:21+02:00

A música é cultura

O Festival das Carrilanas é un evento musical organizado pola A.D.C. Esteirana de Carrilanas, onde se pretende dar a coñecer aos milleiros de persoas á mellor música do país totalmente #DeBalde.

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA O PÚBLICO

Na seguinte ligazón poderá aceder directamente á ubicación do Festival a través do Google Maps.

https://goo.gl/maps/Gbms3iHTgUofJ6T18

O acceso ao festival é totalmente #DeBalde polo tanto non é preciso mercar ningún tipo de entrada.
Poderán acceder ao recinto todas as persoas que así o desexen ata completar aforo.

Para mercar bebida será preciso mercar tickets nas casetas de cambio.
Dentro do recinto do festival teremos dúas casetas onde poderá mercar os tickets que serán válidos soamente dentro do recinto festival.

No seguinte plano do recinto do festival poderá ubicarse fácilmente.

Sí, os tickets serán válidos para ámbolos días do festival.

Non, os tickets soamente serán válidos dentro do recinto do festival.

Disporemos de tres zonas habilitadas para o público que desexe acampar no Festival das Carrilanas:

Zona 1: Parque de Caldeiradas (Anexo ao recinto do festival)
Zona 2: Pavillón Xosé Lago.
Zona 3: Anexo ao campo de fútbol da Esteirana

Non está permitida a acampada fora das zonas habilitadas.

Plano de espazos

Plano de Espazos

O servizo de acampada é totalmente #DeBalde

Sí, diporemos de servizos de auga quente tanto no pavillón polideportivo Xosé Lago como no campo de fútbol da Salina:

Horarios de duchas:
1. Pavillón polideportivo: 24h
2. Campo de fútbol da Salina: 11h a 13h e de 20h a 22h

Non dispoñemos do servizo de reservas para as zonas de acampada.
Poderá acampar en calquera das tres zonas totalmente #DeBalde.

Recomendámoslle crema de protección solar, batería externa para os móviles e roupa de abrigo no caso de acampar nas zonas habilitadas.
Se vai acampar na Zona 1 anexa ao recinto do festival é recomendable uns tapóns auditivos.
O festival está anexo a praia de Perameán, polo se así o desexa poderá vir con roupa de praia para gozar dún baño repoñedor.

Datas

Cartel de bandas 2019

Coñece o festival

Últimas novas

Mantente ao día e non te perdas nada do Festival das Carrilanas, avances de grupos, merchant, notas de prensa, bandas participantes, …

Horarios

Venres 19 de Xullo Escenario MAHOU Apertura de portas: 22:15 Comezo dos concertos: 22:45 - Lisdesia - Novedades Carmiña - Monoulious DOP - Terbutalina Sábado 20 de Xullo Escenario VEGALSA-EROSKI (13:30) Blues do País [...]

CATÁLOGO INFORMATIVO PDF

“Un 10 o festival de música. Zonas de acampada e concertos moi ben delimitadas, acceso controlado, varios puntos para mercar tickets e bebida; había moita xente e resultaba moi doado moverse, pedir… E sobre os concertos, claro. Pola tardiña De Vacas puñan a calidade musical cos locais Maestro. E pola noite, armouse un auténtico festón con sobre todo Ruxe Ruxe e Heredeiros da Cruz. “Longa vida á música en directo e en galego!”, berraron!”

Que Pasa na Costa

Programación por datas

A programación que se detalla a continuación é provisional, esta poderá variar por motivos organizativos ou de loxística.

A programación confirmaráse próximamente

A programación confirmaráse próximamente

A programación confirmaráse próximamente