Páxina de inicio2019-05-14T19:25:58+00:00

XXXI Edicións

A A.D.C Esteirana de Carrilanas leva XXXI edicións organizando un evento único no mundo.
O Gran Prix de Carrilanas é un evento de referencia no verán de Galicia, son milleiros de persoas os que se dan cita en cada edición para gozar dun evento tan especial como son as Carrilanas de Esteiro
Contamos co galardón de Festa de Interese de Galicia, e estamos a traballar para acadar o reconocemento de Festa de Interese Nacional.

Saúdo do presidente (David Fernández)

Cando asumín a presidencia da A.D.C. Esteirana de Carrilanas, tiña a ilusión de recuperar unha festa que ao meu parecer se atopaba moi lonxe da súa mellor versión. Un evento que atrae a Esteiro milleiros de visitantes que atopan na nosa vila unha festa única e inimitable. A día de hoxe, podo dicir que esta ilusión se atopa tremendamente renovada, rodeado dun equipo pequeno, un equipo unido e de confianza, profesional e ambicioso, co que traballarei cóbado con cóbado ata situar O Gran Prix de Carrilanas no sitio onde entendo que debe estar. Leer máis

Faite Socio

Tí tamén podes ser socio da A.D.C Esteirana de Carrilanas, e aportar así o teu gran de area nesta asociación sen ánimo de lucro. Para nos, os socios sodes o pilar máis importante, xa que sen vos nada podería ser posible.

Podes facerte socio por unha cuota anual de tan só 10€ e axudar así a que as Carrilanas medren e se convirtan na festa máis importante do país.

Faite socio

Seguridade

Tanto participantes como público debe de seguir as indicacións dos voluntarios en todo momento

Público e participantes

É de obrigado cumplimento seguir os consellos dos membros da organización para garantir a seguridade da proba.

CARRILANAS ESTEIRO

Asociación sen ánimo de lucro, A.D.C. Esteirana de Carrilanas

Asociación sen ánimo de lucro

Asociación sen ánimo de lucro comprometida coa cultura galega e a conservación do patrimonio cultural que xira ao redor das carrilanas

+30.000 Personas

Grazas a todos e cada un dos milleiros de persoas que nos acompañan en cada edición

Grazas

Seguimos medrando grazas ao noso público que ano tras ano acércase a Esteiro a gozar da festa referente no verán en Galiza.

Abertas as inscripcións do “II Mercado de Artesanía”

As Carrilanas de Esteiro teñen a ben aperturar as inscricións do “II Mercado de Artesanía”, un proxecto enmarcado dentro do programa de actividades do XXXII Gran Prix de Carrilanas de Esteiro.

Como na anterior edición, potenciaránse e daráselle prioridade  aos postos locais e comarcais.

A data límite para poder participar no mercado será o 01/07/2019.

Ver bases e inscribirse

Novas

Novas da A.D.C.

2202, 2019

Non deixes que queden na casa

Hainas que son obras de arte, outras son feitas no último momento, están as que son rápidas como lóstregos ou as que non baixan nin [...]

1701, 2019

Melloramos a seguridade da pista

Como en cada edición, unha das prioridades da organización e garantír a seguridade dos pilotos durante o transcurso da proba. Para que esta discurra con [...]

Levamos 31 anos ao teu carón.

Tradición, música, cultura

Levamos máis de 31 anos ao teu carón conservando o noso patrimonio, tratamos de convertir o Gran Prix de Carrilanas de Esteiro no meirante evento familar de Galicia.

Queremos compartir co noso público a nosa cultura, música e tradición, xuntando todo nun evento único no mundo para o goze de maiores e pequenos.

Uso de cookies. Este sitio web usa cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando dará o seu consentimento para a aceptación e uso das mencionadas cookies. Aceptar