“Sentir a Carrilana” conclue con éxito a primeira fase

//“Sentir a Carrilana” conclue con éxito a primeira fase

Acadada a primeira fase do proxecto “Sentir a Carrilana”

Despois dunha intensa campaña de 40 días, o proxecto “Sentir a Carrilana” dá por acabada con éxito a primeira fase onde se acadou recaudar máis do 104% dos fondos que se precisan para a fabricación de 4 carrilanas.

Acadar con éxito esta fase permítenos poñernos de inmediato coa construcción das 4 carrilanas adaptadas, comenzando coa fabricación dos chasis, rodas, eixos así como tamén facer acopio de todo material preciso para a súa montaxe posterior.

Desde a asociación seguimos sen encontrar as palabras de agradecemento por todo o apoio e interés recibido polas empresas, institucións e particulares que se sumaron ao proxecto aportando o seu gran de area. Só podemos decir unha vez máis “GRAZAS”

Comeza a segunda fase de “Sentir a Carrilana”

Desde hoxe ábrese unha segunda  fase da campaña baixo o lema: “A por el Óptimo” que permanecerá activa outros 40 días máis.

Esta segunda fase prentende acadar os fondos precisos para darlle unha maior visibilidade a campaña nos medios de comunicación. Tamén premitirá contar con personalidades vencelladas ao mundo do deporte e da cultura para acompañar aos pequenos pilotos durante o descenso.

Se aínda non fixo a súa aportación, ou quere seguir colaborando co proxecto pode facelo a través da plataforma  www.goteo.org

Por ...|2020-03-11T15:26:27+00:0011/03/2020|Novas|
Uso de cookies. Este sitio web usa cookies para garantir a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando dará o seu consentimento para a aceptación e uso das mencionadas cookies. Aceptar